AXUDAS PUBLICADAS

AXUDAS PUBLICADAS

Axudas aos proxectos para garantir a seguridade laboral e xerar confianza no consumidor – 2020. IG 524D

Dende 25 de xuño, 2020 – Ata 31 de xullo, 2020

Obxecto

Agás as empresas e autónomos adicados a actividades turísticas, segundo a relación detallada de actividades subvencionables contida no anexo I, os proxectos obxecto de apoio e as actuacións consecuentes deben derivarse do informe de autodiagnóstico efectuado coa ferramenta Comercio Seguro Galicia, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que deberá achegarse xunto coa solicitude de axuda.

Características da axuda

Estas axudas teñen como obxecto subvencionar aqueles proxectos que inclúan unha ou varias das seguintes actuacións:

  1. Medidas de protección dos empregados e clientes nos espazos de traballo.
  2. A adaptación dos espazos de traballo para reducir o contacto do cliente con elementos ou superficies e evitar a súa contaminación.
  3. A adquisición de medios de protección e hixiene para empregados e clientes: máscaras protectoras individuais, máscaras para o persoal da empresa, luvas, calzas, dispensadores automáticos de xeles hidroalcohólicos e calquera outro para a protección persoal que sexa adecuada á específica actividade que se desenvolve na empresa. A cantidade destinada a esta epígrafe non poderá exceder o 20 % do total de actuacións subvencionables; consecuentemente, ningún proxecto poderá constar unicamente de actuacións contempladas nesta epígrafe.
  4. A instalación de equipamentos de desinfección de superficies, ambientes e produtos.
  5. A contratación de servizos para reforzar a limpeza dos locais e realizar desinfeccións de forma periódica. A cantidade destinada a este punto non poderá exceder o 20 % do total de actuacións subvencionables, para un período máximo de prestación de servizos de 6 meses. Consecuentemente, ningún proxecto poderá constar, unicamente, de actuación recollidas nesta epígrafe.
  6. A adquisición de equipamentos ou realización de obras que permitan a ventilación e renovación do aire do establecemento.
  7. Cartelaría e puntos de informacións, físicos ou dixitais, sobre as medidas de prevención ante o COVID-19 implementadas no establecemento.
  8. De xeito excepcional, outros que poidan contribuír a protexer a saúde das persoas empresarias, empregadas e clientes fronte ao COVID-19, o cal se motivará na resolución de concesión.
  9. Capacitación específica das persoas traballadoras para aplicar os protocolos adaptados ás normativas e recomendacións sanitarias fronte ao COVID-19.
  10. Gastos externos (consultoría, análises, custo da certificación y similares) aplicados á obtención de certificacións para cumprimento de protocolos e medidas.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica (inclúe autónomos), polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Data de publicación: 25 de xuño de 2020

Data inicio de solicitude: 26 de xuño de 2020

Data remate de solicitude: 31 de xullo de 2020

 Acceda dende aquí

Publiación boletín

Axudas aos comercios retallistas para contribuír á reactivación do comercio galego garantindo a seguridad laboral e a xeración de confianza no consumidor – 2020. IG524G

Dende 19 de xuño, 2020 – Ata 31 de xullo, 2020

Obxecto

Os proxectos obxecto de apoio e as actuacións consecuentes deben derivar do informe de autodiagnóstico efectuado coa ferramenta ComercioSeguroGalicia, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que deberá achegarse xunto coa solicitude de axuda.

Características da axuda

Estas axudas teñen como obxecto subvencionar aqueles proxectos que inclúan unha ou varias das seguintes actuacións:

  1. Medidas de protección dos empregados e clientes no establecemento comercial.
  2. A adaptación do establecemento comercial para reducir o contacto do cliente con elementos e superficies e evitar a súa contaminación.
  3. A adquisición de medios de protección e hixiene para comerciantes e clientes: máscaras protectoras individuais, máscaras para o persoal do establecemento comercial, luvas, calzas, dispensadores automáticos de xeles hidroalcohólicos e calquera outro para a protección persoal que sexa adecuada á específica actividade no comercio. A cantidade destinada a esta epígrafe non poderá exceder o 20 % do total de actuacións subvencionables; consecuentemente, ningún proxecto poderá constar unicamente de actuacións recollidas nesta epígrafe.
  4. A instalación de equipamentos de desinfección de superficies, ambientes e produtos.
  5. A contratación de servizos para reforzar a limpeza dos locais e realizar desinfeccións de forma periódica. A cantidade destinada a esta epígrafe non poderá exceder o 20 % do total de actuacións subvencionables, para un período máximo de prestación de servizos de 6 meses. Consecuentemente, ningún proxecto poderá constar unicamente de actuación recollidas nesta epígrafe.
  6. A adquisición de equipamentos ou realización de obras que permitan a ventilación e renovación do aire do establecemento comercial.
  7. Cartelaría e puntos de informacións, físicos ou dixitais, sobre as medidas de prevención ante o COVID-19 postas en marcha no establecemento comercial.
  8. De xeito excepcional, outros que poidan contribuír a protexer a saúde dos comerciantes, empregados e clientes fronte ao COVID-19, o cal se motivará na resolución de concesión.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

IG281 – REACTIVA SERVIZOS SEGUROS – GARANTIR A SEGURIDADE LABORAL E XERAR CONFIANZA NO CONSUMIDOR

IG279 – REACTIVA COMERCIO SEGURO

IG280 – REACTIVA TURISMO – GARANTIR A SEGURIDADE LABORAL E XERAR CONFIANZA NO CONSUMIDOR

 Acceda dende aquí

Data de publicación: 19 de xuño de 2020

Data inicio de solicitude: 20 de xuño de 2020

Data remate de solicitude: 31 de xullo de 2020

Publicación boletín Ficha sede

Programa Cheques Dixitalización COVID-19. IG 300E

Dende 18 de xuño, 2020 – Ata 30 de setembro, 2020

Obxecto

As bases teñen por obxecto subvencionar proxectos que promovan a adaptación dos beneficiarios elixibles á situación creada polo COVID-19 mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais en calquera das seguintes categorías:

  • Sistemas de control de presenza: cámaras, sensores, sistemas de check-in/check-out.
  • Sistemas de control de capacidade: cámaras, sensores, sistemas en liña sobre catálogo diario (xestión de citas), xestión de colas.
  • Sistemas de control de estado sanitarios: cámaras específicas, pulseiras.
  • Sistemas de control de normas de calidade COVID-19.
  • Sistemas e aplicacións de xestión baseados en Low code automation.
  • Sistemas de catálogos diarios efémeros; sistemas de xestión de pedidos efémeros, comandas.
  • Sistemas de cartelaría electrónica para mensaxes a clientela e de emisión de contidos en xeral.
  • Sistemas de notificación en móbil; sistemas de xestión de contidos electrónicos para hostalaría (menús, cartas …).
  • Sistemas de balizas.
  • Automatización de procesos regulados, tarefas reguladas, pasos regulados por COVID-19.
  • Adaptación da presenza na internet ao efecto do COVID-19, mediante elementos como bots de conversa autónoma, integración de sistemas de comercio básicos, mellora do catálogo de produtos, solucións de atención remota, sistemas pick and go (compra en móbil e recollida en tenda) e outros similares.
  • Solucións de conectividade e incorporación do teletraballo.
  • Solucións de mellora da ciberseguridade.

De xeito excepcional, outros que poidan axudar á dita adaptación, o cal se motivará na resolución de concesión.

Características da axuda

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia non competitiva.

Os proxectos deberán estar comprendidos entre os 1.500 € e os 12.000 € de gasto subvencionable, suxeitos aos límites entre partidas do artigo 5.

Cada entidade poderá solicitar o programa Cheques de Dixitalización COVID-19 unha única vez

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades con centro de traballo en Galicia comprendidas nalgunha das seguintes categorías:

a) Microempresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (inclúe autónomos que cumpran a condición de microempresa), que desenvolvan a súa actividade nalgún dos seguintes sectores:

  • Hostalaría e turismo – CNAE 55 (servizos de aloxamento), 56 (servizos de comidas e bebidas), 7711 (alugamento de automóbiles e vehículos de motor lixeiros), 7721 (alugamento de artigos de ocio e deportes), 79 (actividades de axencias de viaxes, operadores turísticos, servizos de reservas e actividades relacionadas con estes), 9004 (xestión de salas de espectáculos), 91 (actividades de bibliotecas, arquivos, museos e outras actividades culturais), 93 (actividades deportivas, recreativas e de entretemento).
  • Comercio polo miúdo – CNAE 45 (venda e reparación de vehículos de motor e motocicletas) e 47 (comercio polo miúdo, excepto de vehículos de motor e motocicletas).
  • Transporte – Rama H da CNAE (transporte e almacenamento).
  • Perrucaría e estética persoal, tinturarías, servizos de reparación e outros – CNAE 95 (reparación de ordenadores, efectos persoais e artigos de uso doméstico), 9601 (lavado e limpeza de pezas téxtiles e de pel), 9602 (perrucaría e outros tratamentos de beleza), 9603 (pompas fúnebres e actividades relacionadas), 9604 (actividades de mantemento físico) e 9609 (outros servizos persoais n.c.n.).
  • Os seguintes epígrafes de formación: 8532 (educación secundaria técnica y profesional) e 855 (outra educación).

b) As seguintes entidades da economía social: sociedades cooperativas galegas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego. Estas entidades deben cumprir a definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014. Quedan excluídas desta epígrafe as entidades dedicadas os sectores da pesca e da acuicultura, regulados polo Regulamento (CE) núm. 104/2000 do Consello e as entidades dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas.

c) Entidades do tecido asociativo empresarial e laboral, como poden ser asociacións empresariais, clústers, colexios profesionais ou cámaras.

Publicación boletín Ficha sede

 Acceda dende aquí

Data de publicación: 18 de xuño de 2020

Data inicio de solicitude: 19 de xuño de 2020

Data remate de solicitude: 30 de setembro de 2020

Axudas destinadas ás persoas traballadoras afectadas, con 55 ou máis anos de idade, pola extinción dos seus contratos de traballo por procederen de empresas en crise – 2020. TR820E

Dende 23 de xuño, 2020 – Ata 31 de outubro, 2020

Obxecto

Esta convocatoria ten por obxecto regular a convocatoria de axudas para paliar a situación económica de persoas traballadoras afectadas, con 55 ou máis anos de idade, pola extinción dos seus contratos de traballo por procederen dunha empresa en crise, cumprindo os termos e condicións que se determinan nas presentes bases, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (TR820E) a través dos seguintes programas:

Programa I. Axudas destinadas a financiar as cotas que ingresarán polo convenio especial que teñan subscrito ou subscriban coa Seguridade Social.

Programa II. Axudas de pagamento único dirixidas a compensar as persoas traballadoras da diminución do importe da indemnización recoñecida como consecuencia de sentenza, auto, acto de conciliación xudicial ou resolución administrativa a favor daquelas, a causa dos referidos despedimentos ou extincións de contratos, cando esta é aboada polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), xa que nestes supostos a indemnización está sometida aos límites establecidos no artigo 33.2 e 33.3 do Estatuto dos traballadores (ET)..

Características da axuda

A contía mensual será o importe da cota que cómpre aboar por convenio especial á Tesouraría Xeral da Seguridade Social co límite de 500 euros/mes, sendo o límite total da axuda 6.000 euros.

A duración da axuda será como máximo de 12 mensualidades consecutivas, dentro do período subvencionable que se estableza na convocatoria correspondente.

O cómputo do período de 12 mensualidades comezará a contar coa primeira mensualidade que sexa obxecto de axuda e en ningún caso poderá interromperse.

A primeira cota imputable á axuda regulada na presente convocatoria será a correspondente ao mes de outubro de 2019, agás que o convenio especial obxecto de axuda tivese como primeira cota mensual unha posterior a esa data.

A derradeira cota imputable á axuda regulada na presente convocatoria será a correspondente ao mes de setembro de 2020, agás que o convenio especial tivese como cota mensual unha anterior a esa data.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras que cumpran, no momento da presentación da solicitude da axuda regulada na presente orde, os seguintes requisitos:

1.- Que a persoa traballadora estea incluída nalgún dos supostos seguintes:

a) Que se teña extinguido os seu contrato de traballo por despedimento ou conforme os artigos 50, 51 e 52 do Estatuto dos traballadores, por proceder dunha empresa declarada insolvente. A declaración de insolvencia da empresa deberá afectar os créditos laborais da persoa traballadora, recoñecidos como consecuencia da sentenza, auto, acto de conciliación ou resolución administrativa a favor dos solicitantes. Para os efectos destas axudas, tamén se considerará que o contrato se extinguiu nunha empresa insolvente, aínda que non se producise tal declaración de insolvencia, cando a extinción da relación laboral tivese lugar con anterioridade á declaración de concurso de acredores da empresa, sempre que os créditos laborais da persoa traballadora se incorporasen ao procedemento concursal.

b) Que se teña extinguido o seu contrato de traballo por despedimento ou conforme os artigos 50, 51 e 52 do Estatuto dos traballadores, por proceder dunha empresa declarada en concurso. Neste suposto a extinción do contrato deberá producirse dentro do período entre o auto que declara o concurso de acredores e a conclusión deste por algunha das causas que recolle o artigo 176 da Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal.

c) Que se teña extinguido o seu contrato de traballo por algunha das causas do artigo 49.1.g) do Estatuto dos traballadores; este aspecto debe estar expresamente recollido na carta de despedimento ou sentenza declarativa.

d) Que se teña extinguido o seu contrato de traballo como consecuencia do peche da empresa fundada nalgunha das causas contidas nos artigos 51 e 52.c) do Estatuto dos traballadores, sempre que ambos os aspectos, peche da empresa e causa de extinción do contrato, se recollan expresamente na sentenza declarativa do despedimento ou carta de despedimento; esta última debe vir acompañada, en todo caso, pola autorización da persoa representante da empresa para consultar os datos do seu peche ante a Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

2.- Que a persoa traballadora cumpra un dos seguintes requisitos:

a) Que no momento da presentación da solicitude o derradeiro contrato de traballo sexa algún dos sinalados no número 1 deste artigo.

b) Que no momento da presentación da solicitude non transcorreran máis de 4 anos desde que se produciu a extinción do contrato de traballo dos sinalados no número 1 do presente artigo, aínda que con posterioridade teña tido algún contrato de traballo. Nestes casos a finalización do derradeiro contrato non debera producirse por dimisión da persoa traballadora prevista no artigo 49.1.a) e d) do Estatuto dos traballadores.

3.- Que o centro de traballo da empresa a que se fai referencia no número 1 do presente artigo estea situado en Galicia.

4.- Que a antigüidade na empresa a que se fai referencia no número 1 do presente artigo sexa dun mínimo de tres anos.

5.- Que conte con 55 ou máis anos de idade.

6.- Ter esgotada a prestación contributiva por desemprego.

7.- Que a base de cotización media por continxencias comúns dos últimos seis meses de ocupación cotizada na empresa a que se fai referencia no número 1 deste artigo non supere o importe de 2.600 euros. Nos supostos do número 2.b) deste artigo, para o cálculo da cotización media por continxencias comúns, ademais do anterior tomaranse tamén as bases de cotización pola dita continxencia correspondentes á ocupación cotizada do derradeiro contrato de traballo.

8.-Ter subscrito, ou comprometerse a subscribir no período subvencionable, convenio especial coa Seguridade Social, conforme o disposto na Orde TAS/2865/2003, do 13 de outubro, polo que se regula o convenio especial co sistema da Seguridade Social, nos termos establecidos no artigo 4.2 da presente orde.

9.- Non poderá ser persoa beneficiaria desta axuda se a empresa tivese a obriga legal de subscribir convenio especial coa Seguridade Social.

10.- Non ser persoa beneficiaria ao abeiro doutra orde ou convocatoria de axudas para a mesma finalidade.

Data de publicación: 23 de xuño de 2020

Data inicio de solicitude: 24 de xuño de 2020

Data remate de solicitude: 31 de otubro de 2020

 Acceda dende aquí

Publicación Boletín Ficha sede electrónica

 

Programa de axudas para a contratación de persoas traballadoras remudistas – 2020. TR349Y

Dende 17 de xuño, 2020 – Ata 30 de setembro, 2020

Obxecto

A través da incentivación do contrato de remuda, este programa ten a finalidade de favorecer a substitución nos cadros de persoal das empresas, das persoas traballadoras próximas á xubilación por persoas mozas menores de 30 anos desempregadas ou cun contrato formativo na mesma empresa, ou menores de 35 anos cun contrato de duración determinada na mesma empresa ou persoas desempregadas maiores de 45 anos, garantindo a non destrución de postos de traballo, unha vez que as persoas traballadoras que os ocupaban rematen a súa vida activa.

Por medio desta orde as empresas terán a posibilidade de obter axudas pola realización dun contrato de remuda a tempo completo de duración indefinida ou ben de duración determinada sempre que neste último suposto conste o compromiso de conversión a indefinido no momento da súa finalización.

Características da axuda

Serán subvencionables ao abeiro deste programa os contratos de remuda a xornada completa e por tempo indefinido e os de duración determinada sempre que neste suposto conste o compromiso de conversión a indefinido no momento da súa finalización, que se realicen desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 30 de setembro de 2020.

As contratacións de remuda realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda de 7.500 euros por cada contrato realizado e que cumpra cos requisitos establecidos no artigo 21 desta orde.

Estas contías incrementaranse nun 5 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:

  • Se a persoa contratada é muller.
  • Se a persoa contratada é unha persoa con discapacidade.
  • Se a actividade da entidade solicitante pertence ao ámbito de sectores estratéxicos.

O incremento será dun 10 % no caso de postos de traballo en que o remudista vaia desenvolver funcións relacionadas coa adaptación tecnolóxica da empresa. Isto deberá ser acreditado mediante a presentación dunha memoria.

Aplicarase a subvención polos incrementos indicados pola persoa ou entidade solicitante, en caso de non exercer a opción, entenderase solicitada pola contía superior que quede acreditada coa documentación achegada coa solicitude.

Persoas beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos neste programa as empresas que teñan a condición de peme, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, que realicen contratos de remuda para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen na orde publicada.

 Acceda dende aquí

Data de publicación: 17 de xuño de 2020

Data inicio de solicitude: 18 de xuño de 2020

Data remate de solicitude: 30 de setembro de 2020

Publicación DOG Ficha sede

 

Axudas á internacionalización dixital das pemes galegas (Galicia Exporta Dixital) – 2020. IG401D

Dende 18 de xuño, 2020 – Ata 30 de novembro, 2020

Obxecto

As bases teñen por obxecto apoiar as empresas galegas nos seus procesos de internacionalización dixital conscientes de que o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais supón un enorme potencial para a mellora da competitvidade nos mercados internacionais.

Considérase que o desenvolvemento de plans empresariais de internacionalización dixital repercute nas posibilidades de negocio, posibilitando a presenza en mercados, facilitando o aceso a clientes, reducindo os custos de transacción e publicidade, e permiten abrir canles comerciais novos, achegando así medios máis eficaces para a potenciación de actividades económicas internacionais e o incremento das exportacións.

O obxecto último destas bases é o desenvolvemento e a implementación dun plan de internacionalización dixital de empresa.

Características da axuda

Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por empresa, cun gasto subvencionable mínimo, igual ou superior a 25.000 € e máximo de 125.000 € por empresa. De superar este máximo, procederase a axustar o gasto a este límite máximo.

En concreto, subvenciónanse os seguintes tipos de gastos:

A.- Consultaría necesaria para a elaboración de:

  1. Diagnóstico de potencial exportador dixital.
  2. Plans de internacionalización dixital multicanle.
  3. Plans de mercados electrónicos concretos.
  4. Gastos de asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital.

B.- Software de:

  1. Soluciones tecnolóxicas P.I.M. (Product Information Management) para crear, xestionar e conectar catálogos dixitais internacionais multi-idioma.
  2. Adquisición, programación a medida e integración de conectores entre plataformas e con sistemas de información (ERPs).
  3. Solucións de intelixencia automatizada para a optimización da supply chain e do fullfillment, por exemplo, para a venda preditiva e o aprovisionamento.
  4. Solucións de inbound márketing internacional para lograr captar, reter, converter e fidelizar a usuarios de interese obxectivo do negocio on line. Inclúese desde a compra das solucións tecnolóxicas, a súa integración e tamén a súa xestión como servizo a vendedores on line por parte de axencias.

C.- Outros gastos de:

  1. Creación e adaptación de tendas on line e catálogos on line para o márketing e vendas en mercados electrónicos obxectivo, tanto B2B como B2C.
  2. Campañas de posicionamento SEM en directorios internacionais con buscadores e en plataformas.
  3. Servizos de call center internacionais para dar soporte á venda on line.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión.
  2. Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
  3. Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir de 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.
  4. Tamén poderán ser beneficiarias aquelas pemes dedicadas ao comercio retallista, que non precisan estar dadas de alta en programas do punto anterior de la propia publicación en el DOG.

 Acceda dende aquí

Data de publicación: 18 de xuño de 2020 (inicialmente o 24/01/2020)

Data inicio de solicitude: 19 de xuño de 2020

Data fin solicitude: 30 de novembro de 2020 (nova data por motivos da ampliación pola COVID-19)

Publicación DOG Publicación Ampliación DOG

Ficha informativa na sede electrónica

 

Subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos de Galicia. CO300A

Dende 19 de xuño, 2020 – Ata 20 de xullo, 2020

Obxecto

As bases teñen por obxecto convocar as subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria destinadas ao desenvolvemento equilibrado dos centros comerciais abertos e prazas de abastos.

Características da axuda

Centros comerciais abertos.

Serán subvencionables os proxectos que teñan por finalidade acadar a dinamización e revitalización dos centros comerciais abertos; en concreto, considéranse actuacións subvencionables:

a) A creación de sinerxías e oportunidades dixitais a través do asociacionismo, mediante a posta en marcha de market place ou outras iniciativas dixitais para a venda e promoción de produtos dos comercios asociados e a mellora e modernización da imaxe do centro comercial aberto.

b) A posta en marcha e mantemento de sistemas centralizados de envío e entrega a domicilio dos comercios asociados.

c) Dinamización comercial. Campañas de dinamización comercial e publicidade dirixidas á dinamización das vendas e á fidelización de clientes. Así mesmo, considéranse subvencionables os servizos externos para a xestión de contidos nas redes sociais ou de community manager e outras actuacións de márketing dixital orientadas a promocionar as vendas.

d) Os gastos imputables ás unidades xerenciais que cumpran os requisitos establecidos no artigo 3.1.3 e derivados da formulación, execución e seguimento do proxecto obxecto da subvención, así como das xestións para a adquisición centralizada de equipamentos de protección individual para os comerciantes e establecementos comerciais. Só serán subvencionables por este concepto aqueles proxectos que inclúan, como mínimo, dúas actuacións entre as previstas nas letras anteriores.

Prazas de abastos e mercados.

Serán subvencionables os proxectos que teñan por finalidade acadar a dinamización e rexeneración das prazas de abastos a través das seguintes actuacións:

  1. A creación de sinerxías e oportunidades dixitais a través do asociacionismo, mediante a posta en marcha de market place ou outras iniciativas dixitais para a venda e promoción de produtos da prazas de abastos e mercados.
  2. A posta en marcha e mantemento de sistemas centralizados de envío e entrega a domicilio.
  3. Dinamización comercial. Campañas de dinamización comercial e publicidade dirixida á dinamización das vendas e a fidelización de clientes. Así mesmo, considéranse subvencionables os servizos externos para a xestión de contidos nas redes sociais ou de community manager e outras actuacións de márketing dixital orientadas a promocionar as vendas.
  4. Os gastos imputables ás unidades xerenciais que cumpran os requisitos establecidos no artigo 3.1.3 e derivados da formulación, execución e seguimento do proxecto obxecto da subvención.
  5. Instalacións e equipamentos do mercado e das praceiras e dos praceiros, incluída a adquisición centralizada de equipos de protección individual para os comerciantes e establecementos comerciais.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda:

As asociacións de vendedores das prazas de abastos, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas, e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.

As agrupacións de persoas físicas e xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica, constituídas para os únicos efectos de compartir a unidade xerencial prevista nos puntos 3.1.1.f) e 3.1.2.f) do artigo 1, e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.

 Acceda dende aquí

Data de publicación: 19 de xuño de 2020

Data inicio de solicitude: 20 de xuño de 2020

Data remate de solicitude: 20 de xullo de 2020

Publicación boletín Ficha sede electrónica

 

 

Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar