AXUDAS PARA O FOMENTO DA CONTRATACIÓN DOS SEGUROS AGRARIOS.

A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Orde do 26 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2020 (DOG nº 233 de 9 de decembreo de 2019).

OBXECTO

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios incluídos no Plan de seguros agrarios combinados para o exercicio 2020 e convocalas para o mesmo ano, ao abeiro do previsto no Decreto 332/1995, do 27 de decembro, polo que se establecen na Comunidade Autónoma galega axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios.

ENTIDADES ASEGURADORAS AUTORIZADAS

  1. A subscrición do seguro realizarase exclusivamente a través das entidades aseguradoras autorizadas polo Ministerio de Economía e Empresa e incluídas na Agrupación Española de Entidades Aseguradoras dos Seguros Agrarios Combinados, S.A. (Agroseguro), ou a través dos axentes de seguros autorizados, de conformidade co previsto na Lei 87/1978, do 28 de decembro, de seguros agrarios combinados, e demais normativa de desenvolvemento.
  2. A contratación con estas entidades poderase realizar de forma individual ou ben de forma colectiva por medio de tomadores de seguros. Non obstante, soamente aqueles tomadores que se inscriban no Rexistro de Tomadores da Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa) poderán percibir as subvencións públicas adicionais que por contratación colectiva se establezan.

LIÑAS DE SEGUROS SUBVENCIONABLES E CONTÍA DAS AXUDAS

  1. Para o ano 2020 a subvención da Consellería do Medio Rural para todas as liñas de contratación establecidas nos anexos I e II que se xuntan a esta orde, incluídas as modalidades de renovables, unha porcentaxe sobre a prima comercial base, incluídas bonificacións e recargas, segundo se indica nos ditos anexos.

Para as pólizas contratadas por entidades asociativas de agricultores e gandeiros, coas características admitidas pola Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións, establécese unha subvención adicional do 4 % nas liñas agrícolas e gandeiras (anexo I).

  1. A concorrencia das axudas das administracións públicas non superará as porcentaxes máximas establecidas nas directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario para atender posibles perdas causadas por desastres naturais, acontecementos de carácter excepcional, fenómenos meteorolóxicos adversos asimilables a desastres naturais, enfermidades animais, pragas vexetais e retirada e destrución de gando morto. Para asegurar o cumprimento desta normativa, as subvencións terán os seguintes límites:
  2. A subvención conxunta entre Enesa e a Consellería do Medio Rural non poderá exceder os límites xenéricos seguintes:
  3. Para as liñas de seguros agrícolas establécese un límite do 65 % do recibo de prima, sen ter en conta as recargas por contratación.
  4. Para as liñas de seguros de explotacións gandeiras e acuícolas establécese un límite do 65 % do recibo de prima, sen ter en conta as recargas por contratación.
  5. No caso dos seguros de retirada e destrución de animais mortos nas explotacións, a subvención conxunta entre Enesa e a Consellería do Medio Rural non poderá exceder o límite xenérico do 80 % do recibo de prima, sen ter en conta as recargas por contratación.
  6. Para o cálculo do importe definitivo de subvención, ás cantidades que resulten de aplicar as porcentaxes do número 1 e os límites impostos no número 2 deste artigo, restaráselle a cantidade de 15 euros. Non se concederá ningunha subvención a aquelas solicitudes en que este cálculo resulte igual ou inferior a esta cantidade.

A QUEN VAI DIRIXIDO

  1. Os tomadores dos seguros e, de ser o caso, os asegurados beneficiarios achegarán unha lista resumo das pólizas subscritas, así como toda aquela documentación relacionada coa contratación do seguro, sempre que así lles sexa exixida expresamente pola Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias. Así mesmo, aqueles terán a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas.
  2. Na formalización do seguro, os beneficiarios das axudas farán constar as axudas solicitadas ou concedidas polas distintas administracións públicas competentes para a mesma finalidade.
  3. O incumprimento das obrigas sinaladas nos dous puntos anteriores poderá supor a perda total ou parcial da axuda, así como a obriga de restituír as cantidades percibidas, sen prexuízo doutras responsabilidades en que puideren incorrer os beneficiarios ou perceptores.
  4. Os asegurados, polo feito de contrataren a póliza do seguro agrario, autorizan a Consellería do Medio Rural, para que, en caso necesario, e co obxecto de verificar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde, poida solicitar a cesión de información a outras administracións, por medios informáticos ou telemáticos, sobre a circunstancia de estaren ou non ao día nas súas obrigas tributarias, así como calquera outra información que permita certificar o cumprimento dos requisitos exixidos para a obtención das subvencións reguladas nesta orde.
  5. A formalización da póliza constitúe unha autorización para poder obter de Agroseguro a información sobre os sinistros acontecidos nas explotacións aseguradas e outros datos relevantes sobre a xestión da póliza, segundo se fai constar no documento de aseguramento que se asina para a súa formalización.
  6. Nos seguros de gando, no caso de cesar a actividade para a cal se subscribise o seguro antes de rematar o prazo de garantías, é obrigatorio comunicar á compañía aseguradora a fin da actividade co fin de que, se é o caso, a Consellería do Medio Rural poida recuperar a parte de subvención non empregada.

REQUISITOS.

  1. A subscrición do seguro realizarase exclusivamente a través das entidades aseguradoras autorizadas polo Ministerio de Economía e Empresa e incluídas na Agrupación Española de Entidades Aseguradoras dos Seguros Agrarios Combinados, S.A. (Agroseguro), ou a través dos axentes de seguros autorizados, de conformidade co previsto na Lei 87/1978, do 28 de decembro, de seguros agrarios combinados, e demais normativa de desenvolvemento.
  2. A contratación con estas entidades poderase realizar de forma individual ou ben de forma colectiva por medio de tomadores de seguros. Non obstante, soamente aqueles tomadores que se inscriban no Rexistro de Tomadores da Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa) poderán percibir as subvencións públicas adicionais que por contratación colectiva se establezan.

PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

Aberto todo o ano

NORMATIVA

Orde do 26 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2020 (DOG nº 233 de 9 de decembreo de 2019).

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/1996/19960103/AnuncioD24A_gl.html

 

Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar