AUTÓNOMOS DIXITAIS. PROXECTO DE TRANSFORMACIÓN DIXITAL PARA TRABALLADORES AUTÓNOMOS DE GALICIA

A Xunta de Galicia achega oportunidades de formación a todos os traballadores autónomos en competencias dixitais ligadas ao comercio electrónico.

¿Qué é #AutónomosDixitais?

O proxecto #AutónomosDixitais é unha iniciativa da Xunta de Galicia para mellorar o grao de dixitalización do conxunto de traballadores autónomos galegos.

“Acelera o teu camiño cara a transformación dixital” é o lema escollido para facer chegar ós destinatarios a importancia de ter desenvolvidas competencias dixitais.

Posto que a pandemia causada polo Covid-19 incidiu dun xeito directo sobre a forma de comercializar bens e servizos, o comercio electrónico vai ser o eixo ó redor do cal xira a formación ligada a este proxecto.

¿En qué consiste o Proxecto?

A Xunta de Galicia ofrece formación gratuíta en comercio electrónico dirixida aos traballadores autónomos. As accións formativas planificadas divídense en dous cursos con diferente perfil de alumnado:

  • Curso de Fundamentos para a creación dun proxecto de comercio electrónico. Dirixido a persoas sen coñecementos previos.
  • Curso de Especialista en E-commerce. Dirixido a persoas con experiencias profesionais ou formación previas.

Organización e impartición das accións formativas

O único requisito de inscrición nos cursos será o de estar dado de alta como traballador autónomo en Galicia ao comezo da acción formativa. A través dun sinxelo formulario de inscrición, as persoas interesadas poden achegar a súa solicitude.

Os alumnos que superen con éxito a formación terán dereito a un diploma de aproveitamento das horas formativas, avalado pola Xunta de Galicia.

A modalidade de impartición e o Elearning. Deste xeito garántese aos participantes a flexibilidade necesaria para adaptar horario laboral e horas de estudo. O estudo levase a cabo nunha  plataforma de teleformación que inclúe tanto contidos, coma probas de avaliación e ferramentas de comunicación entre alumnos e titores que compoñen un entorno virtual de aprendizaxe que replica as interaccións dun aula física, pero a distancia e con total liberdade en momentos e espazos de conexión.

Más info e inscripciones:

https://www.autonomosdixitais.com/proxecto-autonomos-dixitais/?utm_source=facebook&utm_medium=social&utm_campaign=11052020_o_proxecto

Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar